Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os pósitos de Redondela e Arcade reciben axudas da Deputación para melloras na produtividade

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra concedeu as axudas ás Confrarías de Pescadores San Xoán de Redondela e Virxe do Carme de Soutomaior. Un total de 18 Confrarías de 15 municipios diferentes da provincia reciben estas axudas, por un importe total de 190.126 euros.

As subvencións apoiarán aos pósitos en proxectos e actuacións que se enmarquen nos ámbitos de formación técnica e asesoramento para o seu desenvolvemento, melloras na produtividade, o uso das novas tecnoloxías, enerxías renovables e o aforro enerxético. Tamén poden dispoñer das subvencións para mercar equipos e sistemas informáticos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará