Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A embarcación do C.R. Chapela participa na primeira Bandeira Teresa Herrera Feminina

RR_Noticias

A proba por excelencia do calendario galego, a Bandeira Teresa Herrera, que se disputa na Coruña, contará por primeira vez con modalidade feminina. As deportistas do Club de Remo de Chapela estarán o domingo en augas coruñesas para loitar polo título.

O presidente do club, Julio Prado, amosa a súa satisfacción pola decisión da organización e do Concello da Coruña. Deste xeito “ponse en valor” o traballo de equipos femininos como o redondelán, que ata o de agora non podían disputar unha proba destas características en Galicia. A embarcación masculina de Chapela participará tamén na proba clasificatoria, que se celebra o sábado, co obxectivo de colarse na final do domingo, malia que Prado recoñece que será “moi difícil”. Ao alto nivel dos rivais da Liga Galega A, hai que engadir a participación Tirán, e probablemente tamén de Cabo. Con todo, os deportistas redondeláns acudirán a Coruña para gozar da regata raíña do calendario. A Bandeira Teresa Herrera, malia non ser puntuable, “é a regata na que todo remeiro galego quere participar”, apunto Julio Prado.  

Julio Prado presidente do club
Prado amosa a súa satisfacción pola inclusión da modalidade feminina na Bandeira Teresa Herrera.
Bandeira raíña
O barco de Chapela acode a Coruña para competir e aprender dos mellores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará