Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Peirao de Arcade encherase mañá de xogos e actividades na III Festa da Familia

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior organiza este evento no que non faltará a clásica festa da espuma para nenos e maiores, castelos inchables, atraccións mecánicas e acuáticas ademais de moita música.

A festa comezará a partir das 17:00 horas na chaira do Peirao de Arcade, onde se instalarán as atraccións inchables, como a de Bob Esponxa ou o tobogán pirata. Ao seu lado, até tres atraccións acuáticas axudarán a soportar mellor as altas temperaturas deste verán. Os maiores contarán este ano cunha proposta específica para eles, o divertido xogo da varredora mecánica, onde terán que pór aproba a súa astucia para librarse da caída. Outra boa forma de refrescarse será a tradicional festa da espuma, sobre todo para os adultos que tamén poderán reunirse cos seus fillos debaixo do canón de burbullas para combater a calor. Con esta actividade porase punto e final ás máis de 4 horas de diversión en familia que propón o Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará