Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xogador do RedondelaFS, Antón Pérez, campión de España coa selección galega benxamín

RR_Noticias

O xogador Antón Pérez Rodríguez pertencente ao equipo Benxamín A de o Club Redondela Fútbol sala ven de proclamarse campión de España de Seleccións Autonómicas, no campionato de España que se disputou do 17 ao 21 de Marzo na localidade de San Javier (Murcia). O porteiro redondelán, tras ser un habitual dos adestramentos e concentracións de fin de semana da Selección Galega, gañouse un posto entre os de 12 privilexiados que defenderían a nosa Comunidade no  citado Campionato Nacional.

O equipo galego quedou encadrado no grupo A xunto ás seleccións da Rioxa (vitoria por 4-1), Estremadura (vitoria por 4-2) e Castela A Mancha (vitoria por 3-2). Estes triunfos provocaron o seu pase a semifinais xunto cos  campións dos grupos B, C e D (Madrid, Asturias e Aragón). O seu rival en semifinais sería Madrid (vitoria por 5-1), chegando así á final disputada este luns ante  Asturias que derrotara na outra semifinal a Aragón por un contundente 5-0. Tras unha final trepidante na que ambos os equipos dispuxeron de claras ocasións, Galicia logrou imporse cun axustado 5-3. Antón foi peza crave no transcurso deste campionato sendo un dos  xogadores que gozou de máis minutos e  mantendo a recado a súa portaría nos momentos máis complicados da competición.  

Un orgullo para o club
Juan Manuel Nogueira do Redondela F.S. salienta que se trata dun orgullo para o club.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará