Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER pide a dimisión do alcalde Javier Bas por “pagar con cartos do concello actos partidistas”

RR_Noticias

Entende a Agrupación de Electores que o pago dunhas facturas (unha de 1.400 euros e outra de 1.650 euros) con cargo ao concello pode ser constitutivo dun delito de malversación de fondos “ao pagar o PP eses cargos con cartos do concello malia correspondérense con actos partidistas realizados con motivo da campaña electoral durante as festas do Choco do pasado ano”. Por este motivo xa trasladaron toda a información á Fiscalía e piden que se depuren responsabilidades políticas “que agora o PP reintegre os cargos non os exime de asumir responsabilidades, por iso solicitamos a dimisión do alcalde, Javier Bas e a Concelleira Carmen Amoedo”.

Os feitos denunciados por AER tiveron lugar durante as festas do Choco do pasado ano, celebración que coincidiu co arranque da campaña das eleccións municipais. Nesas datas pasaba por Redondela o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo pero facíao, segundo aseguran dende a agrupación de electores “en calidade de presidente do PP galego e como tal asistía a unha comida xunto con outros cargos do partido, tanto locais como provinciais”. Con todo, o custe da comida, por valor de 1.400 euros, era cargado ás arcas municipais do mesmo xeito que outra factura de 1.650 euros. Malia explicar o goberno local que ditas facturas “corresponden a actos institucionais” dende AER aseguran non ter recibido a información solicitada que avalaría esa afirmación “descoñecemos o número de persoas que asistiron, o menú e as invitacións que supostamente se terían enviado dende o concello si, como afirman dende o PP, se tratase dunha comida institucional, xa que nese caso terían que estar convidados os grupos da oposición”. A semana pasada o alcalde procedía a ingresar na conta do Concello a cantidade de 1.400€ trasladando á agrupación de electores unha copia da documentación bancaria onde se dá conta do ingreso.  Con todo, AER entende que “é preciso depurar responsabilidades políticas”, polo que piden a comparecencia do alcalde no pleno que se celebra o vindeiro día 31 así como a dimisión tanto de Javier Bas como Carmen Amoedo que son quen asinaron as facturas en cuestión. Tamén trasladaron toda a información referente a este feito á Fiscalía para que estude se é constitutivo de delito “para AER non cabe ningunha dúbida de que as comidas celebradas durante as festas do Choco, e que foron pagadas cos cartos do Concello, correspóndense con actos partidistas realizados con motivo da campaña electoral, que nada ten que ver cun acto institucional do Concello de Redondela. Tampouco nos cabe a menor dúbida de que de non ser pola insistencia na petición de información, non se procedería a ingresar na conta do Concello o importe correspondente a unha comida”.  

Ricardo Figueroa AER
Explica todo o proceso seguido ata chegar a presentar a información ante a fiscalía
Dimisión do alcalde
Jaiver Bas e Carmen Amoedo como asinantes da factura estarían no punto de mira de AER
Actuación da Fiscalía
A información xa está enviada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará