Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. quere alongar a boa racha

RR_Noticias

Logo de tres partidos sen perder, nos que acumulou 7 puntos de 9 posibles, o equipo de Juan Manuel Nogueira gañou en confianza. Volverán á competición despois do descanso das vacacións ante o Mondariz. Os días 25 e 26 organizan un ano máis o Maratón de Semana Santa, co prazo de inscrición aberto ata esta tarde.

Veñen de impoñerse en Gondomar ao Cereixa, un dos equipos que pelexa polo título de liga, o que supuxo tres importantes puntos pero tamén unha inxección de moral “moi necesaria” para o equipo. O traballo semanal nos adestramentos está a dar os seus froitos, pero tamén a faceta psicolóxica é moi importante. Nogueira recoñece que ao equipo custáballe seguir “enchufado” nos partidos cando sufrían “algún revés”, e que esa tónica “está a cambiar”. O adestrador é optimista sobre a melloría do equipo, e entende que agora están “na boa liña”. O obxectivo é continuar nese camiño, e a seguinte proba será ante o Mondariz, o 2 de abril. O rival é un dos equipos “da mesma liga que o Redondela”, necesitado de puntos para afastarse definitivamente dos postos de perigo da táboa. XXXIV Maratón Semana Santa O club organiza un ano máis este torneo no pavillón municipal de Redondela, un dos máis antigos, e o único da bisbarra que aínda se mantén. Nogueira lamenta que o número de equipos descendera notablemente nos últimos anos. Polo de agora hai 12 equipos inscritos, a maioría de Redondela, Pazos de Borbén e Arcade. Esta tarde, ás 21.00 horas, será o sorteo na Cafetería Aifos, e agardan que ata esa hora se apunte algún equipo máis ata chegar á vintena de participantes, como na anterior edición. Con todo, quedan moi lonxe das cifras que se rexistraban décadas atrás, con máis de corenta participantes.  

Juan Manuel Nogueira adestrador
Nos tres últimos partidos o equipo acumula sete puntos dos nove posibles.
No bo camiño
O equipo mellorou tamén a nivel psicolóxico e afronta os partidos con máis garantías.
XXXIV Maratón Semana Santa
Volve un clásico do fútbol sala en Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará