Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo afirma que é radicalmente falso que se pagaran actos do PP con diñeiro público

RR_Noticias

O PP nega rotundamente que a visita de Alberto Núñez Feijoo á festa do Choco do pasado ano formase parte da campaña electoral dos populares e insisten en que estaba convidado como presidente da Xunta dentro dos actos institucionais que rodean a esta festa gastronómica “do mesmo xeito que estaban convidados todos os grupos da oposición, incluídos os concelleiros de AER”. Contesta así a voceira dos populares á denuncia desta agrupación que os acusa de pagar con fondos municipais unha comida de campaña. Asegura a edil que a restitución deses cartos as arcas municipais por parte dos membros do goberno local decidiuse “porque sabiamos que AER ía utilizar este argumentos de xeito mesquino”.

Carmen Amoedo é rotunda “o PP nunca cargou ao concello unha factura dun acto de partido, os 1.400 euros que de xeito mesquino están a empregar os membros de AER para cargar contra nós corresponden a un acto institucional celebrado no transcurso das Festas do Choco do ano pasado”. Neste sentido asegura que a ese acto, no que participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o expresidente da Deputación, Rafael Louzán e outros cargos, estaban convidados tamén os grupos da oposición “a todos se lles reenviou unha invitación convidándoos tanto ao pregón como ao resto dos actos institucionais que se realizan durante a visita á carpa do choco e que inclúen unha degustación”. Engade Carmen Amoedo que a restitución deses cartos ás arcas municipais responde a que “carecemos da documentación que acredite que se cursaron as invitacións porque xa pasaron dez meses dende esa data, e os concelleiros do goberno decidimos facer ese ingreso para evitar dobres interpretacións”. Sobre a decisión de AER de trasladar toda a información referente a este asunto á Fiscalía para que estude se os feitos denunciados son constitutivos de delito explica a edil popular que a  factura en cuestión “pasou todos os controis de intervención do concello, está clarísima e non cremos que a Fiscalía vaia perder o tempo cunha factura de 1.400 euros”.  

Carmen Amoedo PP
Nega rotundamente que o concello pagase ningunha factura dun acto do partido
Restitución dos 1.400 euros
Para evitar dobres interpretacións
Actuación da fiscalía
Non temen ningún efecto xudicial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará