Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba esta semana o PXOM

RR_Noticias

O plan levaba dous anos paralizado á espera do informe positivo de patrimonio. O PXOM debería ser o documento urbanístico de referencia ata o ano 2027 e recolle a ampliación de diversas zonas residencias, de servizos e de recreo xa que se prevé que na vindeira década a poboación creza ata os 9.758 habitantes (actualmente están empadroadas neste municipio 7.317 persoas). O novo plan prevé incrementar as zonas verdes nun 20% e a creación de varias zonas de protección paisaxística.

O alcalde, Agustín Reguera aplaude que finalmente chegara o informe favorable de patrimonio xa que de non aprobarse o plan antes da entrada en vigor da nova lei do solo “habería que redactar novamente o PXOM cos conseguintes prexuizos para os vecinos e as arcas municipais”. A aprobación provisional, xa houbo unha inicial, é o último paso que corresponde ao pleno municipal para que o documento salga adiante. A definitiva outórgaa a Xunta.
O alcalde reuniuse a semana pasada cos grupos da oposición para lles explicar o longo traballo realizado nos últimos anos e destacou o gran traballo do equipo redactor e dos técnicos municipais durante todo o proceso de exposición e elaboración, integrando as suxestións presentadas polos veciños, sempre en compatibilidade coa lexislación vixente e o modelo de municipio. En total presentáronse 527 alegacións procedentes de 338 veciños, resolvéndose favorablemente o 53% delas.
O horizonte de validez deste plan está marcado no ano 2027, cando as previsións outorgan a Soutomaior unha poboación aproximada de 9758 habitantes. Neste sentido, e en consonancia co constante aumento poboacional do municipio, a PXOM contempla a ampliación de diversas zonas residenciais, de servizos e de recreo.
Segundo as estimacións do IGE, o número de vivendas construídas no municipio hoxe en día ascende aproximadamente a 3600, mentres que a capacidade residencial da novo PXOM estímase en 4757, un 32% máis das actualmente construídas.
Con respecto ás zonas verdes, o novo plan contempla unha ampliación de case o 20% con respecto á superficie total dispoñible na actualidade. Coa entrada da novo PXOM, pasaranse dos 150.000 metros cadrados a 183.000, unha cifra máis que suficiente se se observa que os informes da Xunta de Galicia marcan como necesaria unha superficie de 142.000 metros cadrados para a poboación estimada en 2027.
Neste sentido, o plan tamén contempla a creación de varias zonas de protección paisaxística, como a enseada de San Simón, o Castelo de Soutomaior, o monte da Peneda ou o “antigo vertedoiro”.
A zona industrial é de 80.000 metros cadrados e mantense na zona que actualmente figura nas normas subsidiarias actuais, pero articúlase de mellor maneira para que poida ser desenvolvido.
Por último, as zonas de equipamento e servizos tamén verán aumentada a súa superficie para adaptarse o crecemento do municipio. O novo plan inclúe un aumento de 28.000 metros cadrados, pasando dos 149.000 actuais aos 177.000 que se necesitarán segundo as previsións.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará