Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco faise forte en Verín

RR_Noticias

Os de Marcos Montes impuxéronse en terras ourensás por 0-2 e consolidan a terceira praza. Bos resultados tamén na Segunda Autonómica, con vitoria do Choco B sobre o Nieto, e empate do Chapela ante o C.Vitoria. Na Terceira Autonómica o balance é negativo, con derrotas dos tres equipos locais.

Terceira División
Verín 0-2 Choco
Os ourensáns plantaron cara na primeira parte e dispuxeron de ocasións para adiantarse no marcador, pero faltoulles acerto de cara á portería de Cortegoso, que estivo moi acertado. O encontro comezou moi aberto, con dous rivais querendo sumar os tres puntos, pero chegouse ao descanso co 0-0 no marcador. As cousas non poden comezar mellor para o Choco ao iniciarse a segunda metade, pois no primeiro minuto de xogo o dianteiro Silva anotou o gol que poñía aos de Marcos Montes por diante no marcador. O Verín tentou empatar o partido con disparos afastados, pero o porteiro Cortegoso detivo todos os lanzamentos sen problemas. Os redondeláns seguiron facendo o seu xogo, cunha boa defensa e moito traballo no centro do campo, coa intención de aumentar a vantaxe sobre os anfitrións. No minuto 70, Óscar de falta directa logra bater por segunda vez a portaría de Diego. Un gol que lle dá tranquilidade ao Choco malia que o Verín non se rendía. Pero os ourensáns toparon cun acertado Cortegoso, que repelía todas as súas ocasións con excelentes paradas. A vitoria leva ao Choco á 3ª praza, consolidándose entre os mellores da categoría. Na próxima xornada recibe en Redondela ás Pontes, do ecuador da clasificación.
Segunda Autonómica

Nieto 3-6 Choco
Logo dunha primeira parte moi igualada, que se saldou a favor dos redondeláns cun marcador de 2-3, a segunda parte foi de claro dominio do filial choqueiro, que sentenciou o encontro. O Choco B agora é cuarto, na próxima xornada recibe ao Teis, da metade baixa da táboa.
Chapela 2-2 Vitoria
O Chapela non conseguiu pasar do empate no encontro ante o C.Vitoria. O reparto de puntos deixa aos redondeláns na oitava praza do grupo. O domingo terán máis ocasións de mellorar posicións xa que visitan o campo do pechacancelas, o Miño.
Terceira Autonómica

Santomé 1-0 Cesantes
O Cesantes non puido co Santomé, de cae á décima praza do grupo. O domingo disputarán o derbi comarcal, xa que reciben ao Soutomaior, tres postos por riba dos redondeláns.
Peña Beretes Chapela 0-6 Moledo
Os de Chapela remataron a ronda afundidos na táboa,logo de caer goleados ante o Moledo.
Atl Vilar 0-1 Alerta
Os de Vilar perden unha posición e son cuartos, logo da derrota pola mínima ante o Alerta. O domingo xogarán no campo do Cañiza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará