Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Noventa persoas en lista de espera para facer un curso de manipulador de produtos fitosanitarios

RR_Noticias

O PSOE de Redondela asegura que estes cursos non se están a realizar debido a falta de persoal no Servizo de Extensión Agraria e critican que dende o Concello non se teñan feito os trámites necesarios para substituir aos dous traballadores que se xubilaron. A día de hoxe hai tan só un funcionario no servizo, situación que impide que se impartan os cursos de manipulador de produtos fitosanitarios malia tratarse dunha formación obrigatoria para todos aqueles que queiran mercar este tipo de productos.

A normativa europera, que entrou en vigor en novembro de 2015, establece que calquera persoa que queira mercar un produto fitosanitario, deberá posuír un carné en vigor de manipulador de produtos fitosanitarios e estar inscrito no Rexistro Oficial de Produtores.
Desde hai dous anos, o Servizo de Extensión Agraria de Redondela ten unha carga de traballo excesiva para o único funcionario que a sustenta, debido a xubilación de dous membros do servizo. Explican dende o PSOE que o único persoal da oficina é un auxiliar administrativo, cando dentro das actividades a desenvolver do Servizo de Extensión Agraria, están tarefas que ten que desenvolver un técnico. Todo isto ocasiona un colapso no traballo tendo que desprazarse un técnico unha vez á semana dende O Porriño. A todo isto, engádeselle que o Servizo de Extensión Agraria que non só é exclusividade de Redondela, senón que presta o servizo a concellos limítrofes (Mos, Pazos de Borbén ou Soutomaior).
O edil socialista Leonardo Cabaleiro lamenta que “a día de hoxe, máis de noventa persoas da nosa localidade están á espera para poder sacar o carné de manipulador de produtos fitosanitarios. Moitos veciños e veciñas de Redondela quéixanse da falta de información cando van a preguntar ao Concello de Redondela” e engade que “son moitos concellos de Pontevedra que ante a inoperatividade da Xunta de Galicia, están a xestionar o curso de manipulador de produtos fitosanitarios polo que critica o desinterese do goberno municipal e da Xunta neste eido”. Neste sentido os socialistas presentaron unha moción ao pleno para aumentar o persoal do Servizo de Extensión Agraria e reclamando ao Concello que xestione cursos de manipulador de produtos fitosanitarios na nosa vila.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará