Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rexeitada a proposta de baixar o salario do alcalde ao non contar AER co apoio nin de PSOE nin BNG

RR_Noticias

Javier Bas seguirá cobrando 45.000 euros anuais ao non saír adiante a moción presentada pola Agrupación de Electores na que solicitaban rebaixar esta retribución a 27.500 euros brutos anuais argumentando que, logo de ser nomeado Deputado provincial, o alcalde ía deixar de ter unha ocupación total ao concello. Unha proposta que tan só contou co apoio da edil non adscrita Raquel Quintáns, mentres que BNG e PSOE optaron pola abstención. Os populares acusaron a AER de pretender “cercar ao goberno con accións ilegais”.

A Agrupación de Electores defendeu a súa proposta de rebaixar o salario do alcalde por entender que Javier Bas vai estar agora pendente de moitos asuntos relativos á Deputación e ao Partido Popular que nada teñen que ver coa actividade municipal nin co seu cargo de alcalde “deixando de ter unha ocupación total a Redondela como a que tivemos en conta cando se lle aprobou o salario que percibe das arcas municipais”. O voceiro de AER, José Bernardo Crespo “Campa” criticaba ademais que o alcalde cobrase de dúas institucións “ata 80.000 euros anuais, algo que entendemos que non é ético malia que sexa legal”. Uns argumentos que contaron co apoio da edil non adscrita Raquel Quintáns “porque a nosa agrupación defende que un cargo público non cobre máis de tres veces o salario mínimo interprofesional”. Na súa intervención criticou ademais “ter recibido ameazas do alcalde nas que aseguraba que nos ía denunciar por prevaricación no caso de que esta proposta saia adiante”. Pola súa banda o BNG defendeu a súa abstención porque “un alcalde debe cobrar en consonancia co cargo que ostenta independentemente do partido que ocupe este cargo”. Máis críticos amosáronse os socialistas quen acusaron a AER de “buscar o titular” solicitando agora unha rebaixa do salario do alcalde cando hai 6 meses permitiron coa súa abstención que se aprobaran as retribucións defendidas polo PP”. Instaba Mauro Alvarez a AER a que “si o que queren é un cambio xa saben o que teñen que facer, porque o PP goberna en Redondela contra o mandato dos electores que querían un goberno de esquerdas”. A voceira do populares Carmen Amoedo rexeitaba rotundamente que se teña producido ningún cambio dende o inicio do mandato que xustifique a rebaixa reclamada por AER “o alcalde segue a ter unha dedicación exclusiva e como Deputado vai defender os intereses de Redondela” e aseguraba que “a intención de AER é “arrinconar a este goberno con accións ilegais, cando saben que existe un informe xurídico dos técnicos municipais no que se di que esta moción non se axusta a dereito”.  

José Bernardo Crespo AER
Explicaba os motivos que os levan a presentar a moción
Legal pero non ético
Critican que se cobren retribucións de dúas administracións
Raquel Quintans edil non adscrita
Defenden un soldo non maior a tres veces o salario mínimo
Xoan Carlos González BNG
Un salario acorde ao cargo
Mauro Alvarez PSOE
Acusan a AER de buscar o titular
Carmen Amoedo PP
Os populares ven na proposta unha petición ilegal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará