Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cedeira, escola de canteiros

RR_Noticias

Unha ducia de alumnos do obradoiro de emprego traballan na rehabilitación da antiga escola de Cedeira, ao tempo que reciben formación. A experinecia está a ser moi positiva para os participantes, que só lamentan a escasa duración do programa, que é de seis meses.

O obradoiro de emprego que organiza a Consellería de Emprego conta con 12 alumnos, que se están a formar como canteiros “ao tempo que rehabilitan a antiga escola de Cedeira par ao seu uso público”, como explicaba a concelleira Carmen Amoedo. Parados de longa duración, seis homes e seis mulleres, levan dese agosto traballando na recuperación deste inmoble baixo as ordes de Juan Vázquez, o seu monitor. Logo de retirar todo o escombro e maleza do edificio en ruínas, apuntalaron a estrutura e levantaron os muros. Vázquez amósase “moi satisfeito” cos seus alumnos, que están a facer un gran traballo, pero lamenta “a escasa duración do obradoiro”, de tan só seis meses. Entende que para dar unha formación completa aos alumnos, e que logo poidan dedicarse profesionalmente ao oficio de canteiros, deberían prolongarse “cando menos un ano”. O delegado da Xunta, Ignacio Lóez-Chaves, que visitou esta mañá o obradoiro, comprometeuse a transmitir ao goberno galego esta demanda, xa que o obxectivo último destes obradoiros é “a inserción laboral dos alumnos”. O 9 de febreiro remata o obradoiro, e a obra de rehabilitación aínda non está completa, polo que o Concello estudará a fórmula para rematar os traballos e que a antiga escola poida ser de uso público. O alcalde, Javier Bas, baralla a posibilidade de facer un segundo obradoiro. Os alumnos que participan nos traballos cobran un salario mentres reciben formación, á vez que realizan as obras de albanelaría e cantería precisas para a rehabilitación do edificio. O obradoiro conta cun investimento de 230.000 euros por parte da Xunta.    

Carmen Amoedo concelleira
O obradoiro rehabilita a antiga escola ao tempo que forma aos alumnos como canteiros.
Juan Váquez monitor
Amósase satisfeito co traballo dos alumnos pero lamenta non ter máis tempo no obradoiro para que se formen e poder rematar o proxecto.
Ignacio López-Chaves
O delegado da Xunta comprometeuse a levar ao goberno galego a petición de ampliar os prazos dos obradoiros.
Javier Bas alcalde
O rexedor explicou que analizarán a fórmula para rematar a obra posiblemente cun segundo obradoiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará