Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega ao Multiúsos a “comedia pesimista e apocalíptica” Falar sen cancelas

RR_Noticias

Producida por Culturactiva, dirixida por Diego Rey e protagonizada por tres populares cómicos Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei que amosarán o seu talento e a súa compenetración artística, chega a Redondela o espectáculo Falar sen cancelas. Unha propostas na que se irán intercalando sobre o escenario unha serie de monólogos, gags e xogos de improvisación que farán de cada representación unha aventura diferente e única. A cita será o sábado 30 ás 20.00 horas no Multiúsos da Xunqueira e o prezo da entrada é de 5 euros público en xeral, 3 euros entrada reducida.

Enmarcada dentro do ciclo Lareta que organiza o Servizo de Normalización Lingüística non se trata dun monólogo ao uso o resto das propostas que pasaron por esta programación. Falar sen cancelas é un espectáculo con tres cómicos que descobren que un andazo que está acabando coa galeguidade. Incapaces de quedar cruzados de brazos perante semellante problema, os tres humoristas recollen mostras dos mellores especímentes galegos e galegas que atopan por Galicia adiante e sintetizan un antídoto. Unha auténtica gala do “humor pesimista” made in feito en Galicia segundo explican os seus protagonistas.  

Isabel Risco Actriz
Un monólogo a tres voces cargado de retranca e humor

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará