Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A obra de Maurice Sendak protagonista da exposición “O libro ilustrado: imaxes que contan”

RR_Noticias

A Fundación Filomena Rivero Alonso xunto coa Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela, a fin de promover o hábito da lectura, inauguran o vindeiro venres 29 de xaneiro, coincidindo coa véspera do Día da Ilustración, a mostra bibliográfica “O libro ilustrado: imaxes que contan”. Poderá visitarse no Multiúsos ata o 30 de marzo.

Esta exposición que se prolongará durante todo o 2016, xira ao redor dalgúns dos grandes nomes do mundo da ilustración, complementándose cunha serie de actividades paralelas como contacontos ou obradoiros. A obra de Maurice Sendak, autor, entre outras, do clásico “Onde viven os monstros”, abrirá a mostra desde o 29 de xaneiro e permanecerá no Multiusos ata o 30 de marzo. A mostra contará en vindeiras datas con ilustradores tan recoñecidos como Edward Gorey, cuxos macabros e retorcidos debuxos de sinxelos trazos serviron de inspiración a grandes figura do cine como Tim Burtom, Jean de Brunhoff autor da Historia de Babar el elefantito ou o británico Arthur Rackham entre cuxos traballos máis coñecidos atopamos os Contos dos irmáns Grimm, Peter Pan ou mesmo Alicia en el país de las maravillas.  

Mª Elena Becerra BIblioteca Redondela
Maurice Sendak inaugura a exposición
Grandes mestres da ilustración
A mostra continuará durante todo o ano con outros protagonistas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará