Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O músico Óscar Ibáñez presenta en Redondela o seu disco Alén do mar

RR_Noticias

A Concellería de Cultura, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, organiza o sábado 28 ás 20.00 h, un concerto de Óscar Ibáñez e a súa banda. O músico presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar”. Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora polo Atlántico a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas, enriquecidas con elementos propios da música celta, chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade.

O traballo mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro e boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira, Benito Soto; co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ao seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta coma a habanera, o choro, o valse venezolano ou o tango, que atopou na outra ribeira.
Para gravar “Alén do mar” Óscar Ibáñez contou cos excelentes músicos da súa Tribo formada por Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta e Andrés Vilán, e coa colaboración doutros magníficos músicos galegos e doutras latitudes, dende Euskadi ou Irlanda,  até Brasil ou Arxentina. E na coprodución do traballo contou coa creatividade do guitarrista vigués Carlos Calviño.
Óscar Ibáñez é Mestre en Educación Musical e Especialista Universitario en Música Tradicional Galega entre outras cousas, e pertenceu a varios grupos de prestixio como “Treboada”, “Agrupación folclórica Celme” de Pontevedra e dirixe dende hai máis de 15 anos o  “Grupo de Música Tradicional Pai da Cana” co que actuou por toda Galicia e gravou varios traballos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará