Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As obras do AVE cumpren cos niveis de ruido permitidos

RR_Noticias

Así o constata un informe da empresa Iprenor encargado polo Ministerio de Fomento que realizou medicións en horario nocturno en diferentes xornadas do mes de novembro e decembro. O concelleiro de Medio Ambiente, que deu a coñecer este informe no pleno de onte, asegura que a empresa que traballa actualmente no Val do Maceiras ten permiso para traballar en horario nocturno sempre e cando respecten os niveis de ruído permitidos.

A natureza dos traballos que se están a realizar no Val do Maceiras na actualidade permite que as empresas que traballan nesas obras do AVE desenvolvan a súa actividade tamén en horario nocturno. Así o explicou o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez Ballesteros no último pleno municipal do ano celebrado onte. Así as cousas o edil engadía que dende o Concello non se podería prohibir a ditas empresas traballar en horario nocturno tal e como solicitaban nunha moción a Agrupación de Electores. Engadía o edil popular que os informes realizados pola empresa Iprenor nos meses de novembro e decembro constatan que ditos traballos non están a superar os niveis de ruído permitidos aínda que amosaba a súa disponibilidade a facer novas medicións “incluso nas vivendas dos veciños que así o soliciten” O edil de AER, Alfonso Blanco Pochi aseguraba que moito veciño continúan sufrindo o ruído ata altas horas da madrugada polo que insistía na necesidade de incrementar o control no lugar. Finalmente aprobouse realizar novas medicións e que, no caso de que se constate dende o concello que se superan os niveis de ruído permitidos, se proceda a sancionar ou  prohibir que se continúe coa actividade. Unha emenda presentada polo BNG que saída aprobada por maioría.  

MIguel Alvarez Ballesteros PP
O concelleiro de Medio Ambiente explicaba que os raballos actuales si se poden realizar en horario nocturno
Últimas medicións
Os últimos informes constatan que non se excenden os niveis de ruido permitido
Alfonso Blanco Pochi AER
Explicaba que hai veciños que padecen ruidos ata altas horas da madrugada
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas propuxeron que si en novas medicións hai incumprimentos se sancione ás empresas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará