Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Portos de Galicia remata as obras de ampliación dun dos pantaláns do porto de Arcade

RR_Noticias

Unha actuación que mellora o abrigo do porto co obxectivo de impulsar a actividade profesional do sector pequeiro e facilitar, mellorar e aumentar a operatividade das instalacións portuarias. As obras de prolongación e abrigo contaron cun investimento de máis de 32.000 euros.

A actuación consistiu na prolongación e abrigo dun dos pantaláns existentes na dársena pesqueira do porto, para uso das embarcacións dos mariñeiros. Instalouse un módulo de 12 metros de lonxitude e 2,5 metros de ancho a continuación do pantalán existente. Tamén foi colocado outro módulo -de 12 metros de lonxitude e 3 de ancho- en posición perpendicular a este último. Con esta remodelación, conseguiuse crear dez prazas novas de atraque para as embarcacións de uso profesional da Confraría de Pescadores de Arcade.
Esta actuación foi demandada pola propia Confraría ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na súa última visita á zona. O obxectivo do ente público é dar prioridade ás solicitudes do sector pesqueiro para impulsar a súa actividade profesional e facilitar, mellorar, dar seguridade e aumentar a operatividade das instalacións portuarias dependentes de Portos de Galicia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará