Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baobad teatro presenta Fíos

RR_Noticias

A compañía Baobad Teatro presenta a obra Fíos orientada a público familiar a partir de tres anos. A representación terá lugar o venres 27 no Multiusos da Xunqueira ás 18:00h. O prezo da entrada é de 3 euros para o público adultos, dous euros o público infantil.

Unha obra que segundo nos explicaba Andrea Báyer de Baobad teatro quere homenaxear a todas as modistas e costureiras que, coma súa nai, unha modista de Redondela “constrúen historias e personaxes sen decatarse”. A partir desa idea mestúranse unha serie de personaxes que van achegándose ao taller da nosa modista protagonista. Un espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos, apto tamén para os maiores que queiran soñar coma nenos e que van gozar dun espectáculo no que se dan cita diferentes técnicas con monicreques, traballo actoral e a música. Andrea Báyer explica que nos últimos anos estase a vivir un auxe nas obras pensadas para os máis pequenos da casa o que leva a que as propostas sexan cada vez máis coidadas e traballadas.  

Andrea Báyer Baobad
Fálanos do espectáculo
Un sector en auxe
Cada vez son máis as compañías que apostan polos espectáculos familiares

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará