Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fútbol, famosos e agasallos no II Torneo Benéfico Yessica Martínez que organiza Casa Paco

RR_Noticias

Será no Campo de Fútbol de Santa Mariña, este domingo día 29 de decembro. A xornada solidaria contará cun Torneo Alevín, fútbol feminino, un encontro de ex xogadores do Casa Paco contra “famosos” como Óscar Pereiro, Davil Cal, Marcos Serrano ou David Amor, e un partido do Coruxo, de Segunda División B. As actividades completaranse co sorteo de agasallos entre o público.

O obxectivo deste evento é recadar fondos para Yessica, a moza redondelá de 17 que padece unha Enfermidade Rara que agora lle impide camiñar. Para Manuel Conde, do Grupo Casa Paco, é case “unha obriga moral” colaborar con estas causas, dentro da propia filosofía da entidade, cuxo lema é “Deporte, convivencia e amizade”. As actividades comezarán ás 9.30 horas cos partidos de Fútbol 8 Alevín, no que participan máis de 100 rapaces de clubs de Redondela, Vigo, Val Miñor e outros puntos da bisbarra. Ás 12.00 será a quenda do fútbol feminino co partido Olivo-C.D.Choco. Pola tarde continuarán as actividades ás 16.00 horas co partido “Ex xogadores do Casa Paco-Famosos”, un grupo formado por deportistas e ex deportistas de elite, ao que se suman outras caras populares. Estarán, entre outros, Óscar Pereiro, Marcos Serrano, David Cal, Javi Díaz, Pola, Pauleta, David Amor, Rafa Sáez e xogadores do Celta en activo. Ás 17.00 horas saltará ao terreo de xogo todo un Segunda B, o Coruxo. O partido estaba organizado para que os vigueses xogaran contra o C.D.Choco, pero finalmente mediranse a unha selección de xogadores de equipos da bisbarra, moitos deles formados no Grupo Casa Paco. A entrada é libre e de balde, e os asistentes poderán colaborar con esta causa solidaria mercando rifas que, a un prezo de 2 euros, estarán vendendo membros da organizacións. Os boletos participarán nunha tómbola con agasallos chegados desde todos os puntos de España, que se sortearán entre os asistentes.  

Manuel Conde Grupo Casa Paco 81
Os organizadores recaudarán fondos para axudar a Yessica Martínez.
Caras famosas en Santa Mariña
O torneo reunirá a moitas caras famosas do deporte e o espectáculo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará