Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicita que non se corte a luz ás persoas sen recursos

RR_Noticias

O pleno por unanimidade apoia unha moción do BNG para lle solicitar á Xunta que garanta o subministro enerxético ás familias que estean en situación de pobreza. O concello comprométese tamén a solicitar a creación dunha tarifa eléctrica galega que posibilite unhas menores tarifas tanto para o consumo doméstico como para as empresas atendendo á condición de Galicia como excedentaria na produción de electricidade.

A moción presentada polos nacionalistas inclúe tamén o acordo de demandarlle ao goberno do estado que non incremente o recibo da luz no 2014, incremento que xa foi anunciado por Mariano Rajoy e que será dun 2,3% no primeiro trimestre do ano. Con todo, os tres acordos contaron co apoio de todos os grupos, incluído o PP que tivo que escoitar como lle recriminaban dende a oposición que unha medida semellante, encamiñada a garantir o subministro eléctrico ás familias con escasos recursos, non fora apoiada polos populares no Congreso. Así o lembraba o concelleiro socialista Eduardo Reguera, quen falaba da necesidade de que exista, do mesmo xeito que noutros países europeos, unha “tregua invernal” que impida que se lle corte a luz ás familias que se atopan nunha difícil situación económica e non poden asumir o seu custe. Cecilia Pérez Orge defendía a moción presentada polo seu grupo cualificando de “auténtico escándalo” o oligopolio das eléctricas que lles permiten seguir incrementando as súas ganancias a costa dos consumidores. Explicaba que esta situación é froito dun “modelo enerxético centralizador e privatizador que xoga contra os intereses dos usuarios en xeral e dos galegos en particular, xa que malia ser a nosa comunidade excedentaria en produción eléctrica non recibe ningunha compensación motivo polo que defendía “unha tarifa eléctrica galega”. Dende AER, malia amosar as súas reticencias a esa tarifa galega por entender que sería máis axeitado que as eléctricas compensaran aos galegos “trasladando as súas ganancias non con rebaixas nos recibos senón con actuacións encamiñadas á mellora ambiental” si deron o seu apoio á moción. Do mesmo xeito, os populares votaron a favor da proposta “porque sabemos que é unha necesidade”.  

Cecilia Pérez Orge BNG
Cualifica de escándolo a situación do sector eléctrico
Alfonso Blanco Pochi AER
Amosa o seu apoio aínda que con matices
Eduardo Reguera PSOE
Fala da necesidade dunha tregua invernal
Miguel Alvarez Ballesteros PP
Apoia a moción porque se trata dunha necesidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará