Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O desemprego non baixa na comarca redondelá

RR_Noticias

A pesar dos bos datos que a nivel galego e estatal deixou o comportamento do emprego no mes de abril, cunha reducción do paro en 64.309 persoas en España e 4.584 en Galicia, esta situación non se reflicte na comarca de Redondela onde o número de parados anotados nas listas do INEM suman 2.735, tan só dous menos que no mes anterior.

O menor peso do turismo e polo tanto a escasa influencia da Semana Santa e de eventuais empregos relacionados con este período vacacional, poderían ser a explicación ao diferente comportamento na evolución do emprego que atopamos na nosa contorna.
Así, en Redondela os parados son 2.735, tan só dous menos que no mes anterior, e unha variación mínima é tamén a que atopamos en Soutomaior, con 801 desempregados (802 eran os inscritos a finais de marzo).
Mención aparte merecen os concellos de Fornelos e Pazos, onde o desemprego volve medrar situándose o número de parados en 259 (+11) no primeiro caso e en 416 (+5) no segundo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará