Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incremento de prezos e de capturas a dous días da festa do Choco

RR_Noticias

O choco incrementa o seu prezo en lonxa e véndese a 5’4 euros o kilo. A campaña pecharase cun lixeiro repunte de capturas logo de chegarse xa ás 18 toneladas. Un 80% do produto distribúese en Cataluña aínda que neste días previos á celebración da festa do choco sobe o consumo local.

O patrón maior da confraría de pescadores de Redondela, Clemente Bastos, estima moi favorable os últimos datos en torno ás capturas de choco durante a tempada que arrancaba no pasado mes de decembro. A tan só dous días da celebración da tradicional festa do Choco pescáronse preto de 18.000 kilos, o que supón un lixeiro incremento respecto a anos anteriores. Con todo, o máis positivo é o incremento dos prezos, xa que o kilo do cefalópodo estase a vender en lonxa a 5’40 euros, o que supón un incremento importante respecto a campaña do 2010, cando se pagaba un euro menos por cada kilo. Precisamente para asegurar que no futuro se manteña a especie, dende a confraría avogan porque a campaña se manteña no mes de maio pero que, unha vez rematada, a prohibición de capturar choco sexa para todos e que a veda afecte tamén a pesca deportiva e non só aos profesionais. A confraría continúa a traballar para lograr a denominación de orixe para o Choco de Redondela, un proxecto que se iniciou hai anos e que permitiría identificar ao choco da enseada cun distintivo de calidade para evitar que se venda choco foráneo como procedente de Redondela. Un distintivo moi importante que serviría ao consumidor para ter a seguridade da procedencia do produto.

Clemene Bastos patrón maior
Incremento de capturas e prezos
Veda do choco
Piden que a veda sexa para todos
Dintintivo de calidade
O proxecto está presentado nos GAP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará