Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Candido Pazó presenta en Redondela a obra teatral Memorias dun neno labrego

RR_Noticias

A representación terá lugar o sábado 7 ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística. O prezo da entrada é de tres euros.

Este monólogo escénico-narrativo está producido por Abrapalabra, creacións escénicas en colaboración co AGADIC, baseado no libro homónimo de Xosé Neira Vilas. O obxectivo é recoñecer e homenaxear o autor e a súa obra, no 50 aniversario da súa primeira edición.
Trátase dun espectáculo  que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista. Xúntanse así a estilización formal do teatro e máis a comunicación fresca e directa do monólogo cómico. Ademais conta cun gran atractivo visual, pois apoia a parte escénica nun coidado traballo de vídeo creación e elaborada iluminación, que conseguen debuxar unha suxestiva escenografía das emocións.
O espectáculo representarase no Auditorio da Xunqueira o vindeiro sábado, 7 de maio de 2011, ás 20.00 horas. As entradas (á venda por 3 € ) pódense reservar no teléfono 986 402865, e deberán ser retiradas media hora antes do inicio da función.
Memorias dun neno labrego publicouse en Buenos Aires en 1961, e co tempo converteuse nun dos libros máis senlleiros da literatura galega: foi o máis editado, lido e traducido. Ademais tivo a capacidade de manter viva a memoria dunha sociedade que foi deixando de ser eminentemente rural e iniciou un longo percorrido cara o universo urbano, que foi alongándose nestes últimos 50 anos adoptando mestizaxes e novos modos de vida que explican a nosa moderna identidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará