Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A banca ética a debate no Multiusos

RR_Noticias

Alén Nós e a Asociación de Consumo Responsábel Loaira organizan unha mesa redonda sobre “Às alternativas á banca”, que se celebrará hoxe ás 20:30h no Multiusos da Xunqueira coa presenza de membros dos proxectos solidarios Fiare, Ais O Peto, e Coop 57.

Nos últimos anos teñen xurdido unha serie de iniciativas que se posicionan como alternativa á banca tradicional e que promoven o financiamento de proxectos solidarios. Organizacións como Fiare, Ais o Peto ou Coop 57 promoven unha banca ética na que se concedan créditos a proxectos de economía solidaria que teñen problemas á hora de acadar ese financiamento no sistema financeiro capitalista. Ramón Campelo de Coop 57 explicaba que á hora de seleccionar que iniciativas se financian téñense en conta que estas promovan o autoemprego, que se desenvolvan no ámbito do medio ambiente ou que busquen a inserción de colectivos con dificultades de integración laboral entre outras características. Unha banca ética que é posible tamén pola concienciación dunha cidadanía cada vez máis consciente e preocupada por coñecer onde se invisten os seus aforros e por decidir tamén qué proxectos financian. Precisamente esa capacidade para “codecidir” é unha das vantaxes que teñen os socios colaboradores de Coop 57 ademais de recibir xuros polas súas achegas económicas. Dar a coñecer esta alternativas ao sistema financeiro convencional no que a través dun modelo máis transparente e participativo os seus usuarios decidan que se ha de facer cos seus cartos, é o obxectivo da charla que terá lugar esta tarde no Multiusos da Xunqueira ás 20:30 horas organizado pola Asociación Alén Nós e a asociación de consumo responsable Loaira.

Ramón Campelo Coop 57
Un dos obxectivos é financiar proxectos solidarios
Socios aforradores
Ademais de recibir xuros polas sáus achegas son conscientes de cómo se invisten os seus cartos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará