Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O castelo de Soutomaior opta ao título de xardín de excelencia da Sociedade da Camelia

RR_Noticias

De obtelo, sería o primeiro xardín de España e o sétimo de Europa en contar con esta distinción A candidatura será sometida a aprobación no congreso que se celebrará no 2012 en Chuxiong (China).

Dos 9 requisitos obrigatorios que debe cumprir o xardín, o de Soutomaior xa cumpría 5 relativos ó coidado e ó mantemento, apertura ó público e localización das camelias. A Deputación está a traballar agora para cumprir as restantes esixencias relacionadas coa cantidade de cultivares de camelia, e as etiquetas.
A normativa da devandita Sociedade Internacional esixe que o xardín teña como mínimo 200 cultivares diferentes de camelia. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente do organismo provincial, acometeu diversas plantacións na finca de Soutomaior, de tal xeito que o xardín do complexo histórico-cultural conta hoxe con 220 cultivares diferentes.
No caso de alcanzar o título, o de Soutomaior sería o primeiro xardín de España en estar considerado Xardín de Excelencia no apartado de Camelias. E sería o sétimo de Europa e o 18 do mundo en dispór de tal galardón. Os xardíns que xa contan con esta denominación están en Xapón, Australia, Italia, Suíza, Sudáfrica, China e USA.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará