Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cinco toneladas de choco para 30.000 comensais na XXV edición da festa

RR_Noticias

A festa do Choco celebra este ano o seu vinte e cinco aniversario cunha nova cita gastronómica que arrancará na mañá do sábado e se prolongará durante toda a fin de semana. Dous días de festa nos que se espera recibir a máis de 30.000 comensais que degustarán ao redor de 5.000 kilos de choco.

Os pratos serviranse en seis casetas de degustación instaladas no campo da feira baixo unha carpa que evitará as anunciadas precipitacións da fin de semana. Os prezos mantéñsense como en anos anteriores para tentar sortear a crise e evitar que ninguén quede sen a súa ración de choco por mor da situación económica. A partir das 11:30 horas de mañá sábado serviranse os chocos na súa tinta e acompañados con arroz, así como as empanadas de millo e trigo elaborados co cefalópodo. Non faltará tampouco nesta edición o tradicional concurso gastronómico, que establece este ano sete distincións, engadíndose como novidade a categoría de “sobremesas con choco”. O pregoeiro este ano será o presentador do programa Larpeiros da TVG, Tomas Alonso Rodríguez, cuxo pregón poderemos escoitar ás 12:30 hroas do domingo na praza do Concello. E ademais de gastronomía non faltará a música cos tradicionais pasarrúas e charangas así como as verbenas o sábado ás 21:30 horas amenizada pola Orquestra Hiroshima e o grupo Quinta Avenida e o domingo a cargo dos grupos Alcotán e Arena.

Jaime Villaverde presidente da comisión
A Festa do Choco en cifras
Pregoeiro
O cociñeiro de Larpeiros será este ano o encargado do pregón
Severino Casal concurso gastronómico
Unha nova especialidade a de sobremesas engádese ás seis xa existentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará