Hoxe é Sábado 18 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cautela en Chapela tras ordenar o Concello o peche da actividade en Arcelor Mittal

arcelos

A Asociación de veciños valora positivamente a decisión municipal de decretar a suspensión inmediata da actividade industrial que ArcelorMittal España viña desenvolvendo nunha nave da parroquia por carecer de licenza. Con todo, amosan tamén a súa preocupación ante o feito de que a actividade continúe desenvolvéndose con normalizade peche a orde de cese. Por este motivo, reclaman ao Concello que garanta unha execución “efectiva e inmediata” da suspensión decretada.

VIctoria Pichel, Asociación de veciños

A resolución do Concello, baseada en informes dos servizos técnicos, ordena o cese do almacenamento de bobinas de chapa de aceiro e inicia, de maneira paralela, un expediente de reposición da legalidade urbanística e logo de varios requirimentos para que a compañía regularizase a súa situación, sen que esta completase a solicitude de legalización no prazo establecido.

Dende a asociación critican ademais a falta de información trasladada aos veciños sobre esta decisión municipal, malia a que levaban tempo denunciando a situación.  Neste sentido consideran que a resposta do Concello “chega tarde” pero recoñecen que supón un paso importante.

Insisten tamén na necesidade de manterse vixilantes e establecen un prazo de tres meses para comprobar se a medida se aplica de xeito real. En caso contradio advirten que continuará co calendario de acción xa iniciado que contempla a convocatoria de asembleas, mobilización e a posibilidade de recorrer a vía xudicial.

Unha suspensión que a día de hoxe non é efectiva xa que a empresa continúa traballando. O  goberno local xa advertiu de que o incumprimento desta orde de suspensión poderá derivar na adopción de medidas coercitivas, entre elas sancións económicas reiteradas, a execución subsidiaria por parte da administración ou, de ser necesario, o precinto das instalacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará