Hoxe é Sábado 18 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia a falta de traballadora social en Chapela desde febreiro

servizos sociais

O BNG de Redondela denuncia a situación “precaria” na que se atopan os servizos sociais na parroquia de Chapela, que, segundo indican, leva meses sen traballadora social debido a unha baixa non cuberta. O voceiro nacionalista Xoán Carlos González entende que a situación responden a “unha falla de previsión do goberno municipal que desatende así un departamento tan importante como servizos sociais”.

Segundo explicou González a situación prolongase desde o mes de febreiro  e ven dada porque hai unha persoa  de baixa. Critica a falta de previsión d goberno local “ incapaz de anticiparse e contar cunha lista de substitución actualizada e preparada” para garantir a continuidade dun servizo básico como son os servizos sociais.

Desde o BNG advirten de que esta carencia está a ter consecuencias directas na veciñanza, especialmente nos colectivos máis vulnerables xa que está a provocar que moitas persoas queden sen atender “familias con graves dificultades económicas, persoas maiores ou veciños e veciñas que precisan apoio e asesoramento e que, nestes momentos, non están a recibir a atención que lle corresponde. Ademais sinalan que se están a producir atrasos na tramitación de axudas e xestións esenciais.

A formación nacionalista sostén que este episodio non é puntual, senón que forma parte dunha “deriva” na xestión do goberno municipal, á que acusan de non poñer os medios necesarios para garantir uns servizos públicos de calidade.

Por todo isto, o BNG esixe ao executivo local que cubra de inmediato a praza vacante e que adopte medidas estruturais para evitar que situacións similares volvan repetirse no futuro. “A veciñanza de Chapela non pode seguir pagando as consecuencias da falta de previsión”, subliñou González.

O portavoz nacionalista tamén lamentou ter que trasladar esta problemática aos medios de comunicación, aínda que defendeu que se trata dunha obriga co conxunto da cidadanía. “Se calásemos, seriamos cómplices”, concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará