Hoxe é Domingo 19 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un ferido grave e dous leves nun accidente con dúas motos implicadas en Cedeira

accidente 2

O sinistro producíase en torno ás 21:00 horas de hoxe cando, por causas que se investigan, dúas motos colidían na N-552 entre Vigo e Redondela deixando  tres feridos, todos eles trasladados en ambulancia a un centro hospitalario. Nunha das motos circulaba un matrimonio de mediana idade que se dirixía cara a súa vivenda que se atopa a poucos metros do lugar do suceso. Ambos os dous resultaron feridos leves. O condutor da outra motocicleta implicada presentaba feridas de maior gravidade.

A colisión producise nas proximidades da farmacia de Cedeira e no mesmo víronse involucradas dúas motos de gran cilindrada que, por causas que se descoñecen, colidiron deixando tres persoas feridas, dous homes e unha muller.

Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias do 061 e varias ambulancias que trasladaron aos feridos ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos de Protección Civil e a Policía Local encargados de regular o tráfico xunto coa Garda Civil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará