Hoxe é Luns 20 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela lanza a súa nova web-app turística con códigos QR e autoguías en tres idiomas

web turística

A Concellería de turismo vén de dar a coñecer a nova aplicación con acceso no enderezo web turismoredondela.com adaptado a móbiles. Unha ferramenta que busca facilitar o coñecemento do patrimonio natural e cultural de Redondela a veciños e visitantes e que se complementa coa instalación de códigos QR en lugares estratéxicos como a rúa Muro, a praza da Constitucións o Paseo da Xunqueira ou praza da Alfóndiga.

A principal novidade desta plataforma é a integración dun sistema de xeolocalización. Cun deseño intuitivo e adaptado a dispositivos móbiles, a web ofrece contidos para cada recurso turístico. Con esta funcionalidade “os visitantes poden situarse en tempo real no mapa e acceder de xeito rápido co seu móbil aos puntos de interese máis próximos, optimizando así os seus desprazamentos e facilitando o descubrimento de recunchos menos coñecidos”.

Entre os puntos de interese o visitante pode atopar información sobre o Convento de Vilavella, os emblemáticos viadutos, o Cemiterio dos Eidos, Museo Meirande e miradoiros como o Peneda ou información específica en torno á Illa de San Simón.

Para facilitar o acceso á nova plataforma instaláronse paneis con códigos QR en lugares estratéxicos de paso de visitantes e peregrinos (praza da Constitución, na entrada á vila por rúa Muro, Paseo da Xunqueira, praza da Alfóndiga e estrada N-550 na entrada á vila polo Camiño Portugués da Costa).

A alcaldesa e a concelleira de Turismo, Rita Pérez, visitaron un dos puntos informativos con Tito Pardo, creador da plataforma. Rivas explicou que coa implementación da xeolocalización e as audioguías “poñemos ao alcance de quen nos visita todo o patrimonios cultural e natural”. Os turistas e peregrinos poden situarse en tempo real e acceder aos puntos de interese co móbil “de xeito rápido e sinxelo”.

Todos os recursos contan con información en formato escrito e audio, e os usuarios poden escoller entre tres idiomas: galego, castelán e inglés, reforzando a proxección internacional de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará