Leticia Gallego nunha visita a Redondela no pasado mes de xullo
A viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Leticia Gallego, reclamou onte á conselleira de Infraestruturas que desbloquee a reparación da Avenida Mendiño de Redondela, cumprindo o compromiso alcanzado en 2019. A través dunha pregunta no pleno, Gallego instou á Xunta a incluír a demandada obra nos orzamentos para 2023. Uns atrasos que segundo dixo “prexudican gravemente aos veciños e veciñas de Redondela que caen nesa rúa” polo mal eestado no que se atopa.
A responsable socialista insistiu en que a reparación da Avenida Mendiño require da intervención autonómica ao discorrer por ela a estrada PO-363, ademais de tratarse dun viario moi transitado que dá acceso ao centro de saúde, a centros educativos e dotacións deportivas. Galego cualificou de intolerable que os veciños sigan esperando pola mellora e reprochou a “deslealdade” da Xunta con Redondela, cuxo Concello cumpriu todos os requisitos para poder acometer dita actuación.