Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reitera que non permitirá o paso de tráfico pesado polo casco urbano

tráfico pesado reondela

Aseguran dende o goberno local non ter ningún coñecemento formal da retirada das sinais nas que se informa da prohibición de circular polo centro da vila e insisten en que “en ningún momento prohibimos o tráfico pesado polo PO-250 pero si no tramo que é da nosa competencia”. Neste sentido mantéñense firmes e non permitirán a entrada de camións dende a praza de Vilavella. Consideran ademais unha irresponsabilidade da Xunta retirar as sinais nas que se informan aos camioneiros, xa que chegarán a Redondela e se atoparán coa entrada pechada.

O Concello de Redondela restrinxiu o tráfico pesado en tránsito polo casco urbano entre a Praza de Ponteareas, Rúa Pai Crespo, Rúa José Regojo e Rúa Xoán Manuel Pereira o pasado mes de agosto, data na que se colocaron “paneis informativos con intención de avisar aos vehículos de carga pesada que ao chegar a Redondela non poderán circular polo centro”.

A alcaldesa Digna Rivas reitera que “os paneis informativos non prohiben en ningún momento a circulación pola estrada P0-250. A sinais son informativas, é unha forma de avisar de que a prohibición entra en vigor ao chegar as zonas de competencia do Municipio, concretamente o Casco Urbano”.

Os documentos pertinentes foron mandados á Xunta de Galicia quen segue sen presentar resposta.

Digna Rivas engade que, “a retirada destas sinais provocarían desinformación aos camións. Pedimos responsabilidade á Xunta dos altercados que poidan suceder entorno a nova situación do tráfico en Redondela” e critican as declaración do alcalde de Pazos, Andrés Iglesias que “teñen a intención de crear unha disputa totalmente innecesaria, xa que son contradictorias. Repetimos que en ningún momento imos permitir o tráfico pesado en tránsito no centro”, conclúe Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará