Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á campaña “Recicla vidro por elas” para contribuir á prevención do cancro de mama

cancro

Co gallo do Día Mundial Do Cancro de Mama, o Concello de Redondela presentou xunto con familiares e pacientes de cancro da Asociación de Redondela unha iniciativa solidaria que estará en marcha durante as vindeiras semanas: un colector rosa de reciclaxe situado na Praza do Concello no que os envase de vidro alí depositados serán transformados por Ecovidrio nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra.

O Concello de Redondela súmase a esta campaña Recicla vidrio por elas que pon en marcha Ecovidrio en colaboración coa Fundación Sánchez Ibarra e que ten como obxectivo movilizar á cidadanía a reciclar envases para coidar o medio ambiente ao tempo que colabora cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama.

Desde hoxe e durante as próximas semanas, este colector estará situado na praaa do concello para que toda a vecinanza colabore depositando así os seus envases de vidro. “Queremos motivar aos veciños e veciñas de Redondela a reciclar por unha boa causa. Un xesto sinxelo pode converterse nunha gran axuda gracias a entidades sen ánimo de lucro como Ecovidro”, explicaba Digna Rivas nun acto no que participaron tamén diferentes integrantes da asociación contra o cancro de Redondela como Amparo Alonso, Maika Lamas e Aurora Alonso quen agradeceron a colaboración do concello: “que nos permite chegar máis lonxe coa nosa mensaxe”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará