Hoxe é Martes 12 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Búscase a mellor fotografía

obradoiro

Abre o prazo para participar no Concurso Fotográfico do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. Unha nova edición na que poden participar todas aquelas persoas que o desexen e que presenten os seus orixinais como data límite o 2 de novembro. Establécense dúas categorías: xuvenil (ata 17 anos) e adultos. O certame repartirá un total de 775 € en premios cun premio á mellor fotografía de 250.

Arranca a XVII edición do concurso fotográfico que convoca anualmente o Obradoiro de estudos locais e que terá aberta a súa inscrición ata o día 2 de novembro. Os concursantes deberán presentar as fotografías, obrigatoriamente, en formato dixital, que deberá enviarse electrónico ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org, e impreso. As fotografías impresas, que non poderán excede de 20×30 cm, deberán ir sobre soporte ríxido de cartón pluma, paspartú ou cartolina e enviarse ao Círculo Cultural de Cesantes. Estrada de Cesantes, nº 28, 36693 Cesantes, Redondela entre as 15 horas e as 21 horas. Tamén se poden entregar na Farmacia Muíños de Cesantes e nas tendas de fotografía Cal-3 e S. Bastos de Redondela.

Para garantir o anonimato dos traballos, estes deberán presentarse cun pseudónimo e un título para cada fotografía, acompañando a foto cun sobre pechado, identificado fora co mesmo pseudónimo, no que se incluirán os datos persoais do autor ou autora (Nome e apelidos, pseudónimo, DNI, data de nacemento, enderezo, correo electrónico, teléfono de contacto, título da obra e breve reseña e lugar onde foi tomada a foto.

Establécense dúas categorías: xuvenil (ata 17 anos) e adultos e o certame repartirá un total de 775 € en premios cun premio á mellor fotografía de 250 €. Para a categoría de Adultos establécese un primeiro premio de 150 euros, un segundo de 125 e un terceiro premio de 100 euros. Para a categoría xuvenil o primeiro premio será de 100 euros e o segundo de 50 euros. Os premios non poderán ser declarados desertos e a mesma persoa non poderá ser motivo de máis dun deles.

Finalmente, as fotos premiadas serán elixidas a mediados de novembro do 2022 e o fallo do xurado colgarase na web e no Facebook do Obradoiro de Estudos Locais para as súas consultas.

O certame foi presentado na Casa do Concello nun acto no que a alcaldesa, Digna Rivas, subliñou a importancia do traballo que desenvolve o Obradoiro “para recuperar, manter e difundir a nosa cultura e patrimonio en todas e cada unha das iniciativas que desenvolven”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará