Unha cita na que se enfrontarán os mellores equipos de categoría alevín de Galicia e Portugal, entre os que se atopa o Celta de Vigo, o D.C. Porto ou a Sociedade Cultural de Braga. A fase de grupos comezará ás 10:00 e fase final as 16:30.
Este sábado o campo de Salgueirón de Soutomaior acolle a gran festa do deporte base no campo do Salgueirón. Chega o II Torneo Internacional C.D. Arcade, cun total de de dezaseis equipos entre os que se atopa o anfitrión ou clubs tan próximos a nos como o Choco, o Ponteareas ou a Rápido de Bouzas entre outros.
Unha oportunidade única para ver ás futuras estrelas do deporte rei e, sobre todo, para que a cativada se relacione e goce facendo deporte con xente doutros sitios.









