Hoxe é Luns 13 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e BNG aproban a reprobación da alcaldesa solicitada polos populares ante a “deficiente xestión” do SAF

saf

Durante preto de dúas horas, nun pleno extraordinario solicitado polo PP e que arrancaba ás 18:30 no Multiúsos da Xunqueira, abordáronse tres mocións que xiraban en torno á situación na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) obxecto de numerosas queixas por parte das traballadoras, familias e usuarios. Tres mocións que sairon adiante, entre elas a que pedía reprobar a Digna Rivas, como máxima responsable dos Servizos Sociais de Redondela así como a petición de que se lle abrise un expediente á empresa Os Ventos, expediente de penalidades que xa está en marcha, segundo explicaron dende o goberno.

Dende o PSOE afirmouse que se están a adoptar dende o goberno todas as medidas tendentes a solucionar uns problemas que recoñecen pero cuxa solución non é inmediata. Explicaron que unha traballadora municipal está a fiscalizar a labor que realiza a concesionaria así como as súas posibles irregularidades, tanto coas traballadoras como cos usuarios.

A responsable de Servizos Sociais, Iria Vilaboa destacaba tamén outras medidas como a apertura dun expediente de imposición de penalidades a empresa polos incumprimentos do contrato.

Iria Vilaboa, PSOE

Con todo, o PP logrou sacar adiante as súas mocións, entre as que se solicitaba reprobar a alcaldesa pola “nefasta xestión” dos servizos sociais e concretamente pola “situación de abandono que sofren os usuarios do SAF de Redondela” en palabras de Sandra Bastos.

Sandra Bastos, PP

Previamente solicitaban que se abrise un expediente e que se adoptaran diferentes medidas ante o mal servizo que os usuarios están a recibir por parte da empresa concesionaria.

Os populares aseguran que o deterioramento do servizo está a verse agravado

Dende o BNG, malia critiar ao PP por utilizar este tema para sacar rédito político” criticaban tamén un servizo que se está a dar “en malas condicións”. Instaban ao goberno local a que “este pleno supoña un antes e un despois e que se actúe con contundencia coa empresa”.

Xoán Carlos González, BNG

De feito, ao longo do pleno o edil nacionalista Xoán Carlos González insistiu na necesidade de remunicipalizar o servizo como único xeito de garantir unhas boas condicións laborais para as traballadoras e un óptimo servizo.

Os nacionalistas defenden a remunicipalización do servizo

Dende AER recoñecian tamén como “gravísimas as incidencias que existen coa empresa Os Ventos, pero vemos que o interese neste tema por parte do PP é desgastar ao goberno, cando as incidencias eran baixo o seu mandato e con outras empresas nunca actuaron con contundencia”. Criticaba tamén que se celebrase un pleno no que todo o que se pide “xa se está a facer”.

Daniel Boullosa, AER

A concelleira de servizos sociais insistía en que “a alcaldesa por responabilidade non vai parar ata que este servizo sea óptimo” e acusaba aos populares de movilizarse neste asunto co obxectivo de beneficiarse políticamente.

Iria Vilaboa defendía a actuación da alcaldesa na xestión do SAF
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará