Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o curso en Redondela “máis caro e con menos docentes” segundo denuncian dende a Federación de Anpas

inicio curso

En Redondela foron un total de 3.276 alumnos os que hoxe regresaron ás aulas. Máis de 500 en educación infantil, 1351 en primaria e máis de 1400 de ESO e bacharelato. En Soutomaior o alumnado de todo os ciclos suman 1.390 mentres que en Pazos de Borbén hai 35 alumnos de infantil, 89 de primaria e 84 en Eso. No Concello de Fornelos os datos da Consellería falan de 15 nenos e nenas que cursarán infantil e 47 primaria.

Un curso que arrancou con dúas novidades principais: o adeus ao protocolo anticovid e a implantación da nova lei educativa, a Lomloe, que trae cambios en primeiro, terceiro e quinto con novas libros de texto. Precisamente o encarecemento da volta a clase é un dos temas que máis preocupa ás familias neste inicio. Dende a Federación de Anpas de Redondela salientan os efectos da inflación no material escolar e as dificultades para afrontar uns custos en libros e outros material que se viu acrecentado notablemente.

Francisco Álvarez é o presidente da Federación de Anpas

Outra das preocupacións pasa polo descenso de docentes en diferentes centros, nomeadamente o Mendiño can catro profesores menos respecto do ano pasado ou o Illa de San Simón onde tamén se ve reducido o seu cadro docentes. Francisco Alvarez tamén salienta a falta de reforzo no IES Floriani que este ano porá en marcha o ciclo de artes “sen contar con máis profesorado”.

Mención a parte fai da situación na Escola Infantil de Cesantes onde se elimina a profesora que estaba a media xornada deixando tan só unha traballadora a cargo de todo o alumnado “coa imposibilidade dun descanso na súa xornada e co risco de non poder abrir a escola ante calquera imprevisto”.

Lamenta tamén que obras como o cambio da cuberta na pista deportiva do colexio de Cedeira ou a retirada de amianto noutros centros non se tivera feito aproveitando a ápoca estival e que rapaces e profesorado teñan que comezar o curso nas mesmas condicións e sen saber cando se van facer ditas obras.

A Federación non descarta convocar novas mobilizacións co obxecto principal de que a Xunta dea marcha atrás naqueles centros nos que recortou docentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará