Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Protesta ao berro de “Aucosa fóra da Enseada”

aucosamanifa

Veciños de Chapela, Cedeira e Trasmañó volvían manifestarse na baixada a Aucosa o pasado venres para demandar que esta fábrica de produción de fariñas de peixe, que segundo denuncian leva anos causando problemas na zona “polos cheiros pestilentes que provoca e os vertidos que desprende” sexa trasladada a un polígono industrial. Ao redor de 200 persoas achegáronse a esta concentración na que se escoitaron berros en contra de Aucosa.

As queixas procedían dende todos os ámbitos. Os propios veciños lembran que a proximidade con esta fábrica lles está a afectar animicamente e lles impide gozar das súas vivendas “chega a casa e tes que pechar as fiestras polos cheiros pestilentes que produce”, explicaba unha das afectadas.

Uns prexuizos que dende os colectivos de mariñeiros e mariscadoras vai máis aló. Sospeitan que a elevada mortandade de peixe e mariscos nas proximidades da zona poida estar debido aos vertidos procedentes desta fábrica. Nesa idea insistía a presidenta das mariscadoras de Redondela “somos moitas as familias que vivimos do mar e estes vertidos estano facendo moito mal, hai moitas especies que non crecen como deberían e pensamos que detrás está a contaminación e a porquería que botan este tipo de empresas”.

No mesmo sentido manifestábase o patrón maior de Redondela, Xoel López “é inadmisible que se permitan facer este tipo de vertidos nun espazo protexido como é a nosa enseada”. Asegura que a zona do litoral nas inmediacións de Aucosa no pasado tiña unha riqueza moi elevada e agora o único que hai é morte polo que esixe que esta empresa abandone a enseada.

Os organizadores volvían lembrar que aucosa “é unha empresa insalubre e perigosa” polo que debe ser trasladada a un polígono industrial axeitado para a súa actividade. “Despois de doce anos de intenso traballos seguimos e seguiremos en pé, mobilizándonos para que esta actividade se traslade deste lugar onde é incompatible coas vivendas” afirmaba Marcial Pérez, presidente da Asociación de veciños de Chapela.

Dende a Plataforma en defensa da Enseada de San Simón insisten en que sen mobilización non hai solución polo que logo de tres protestas en menos de tres meses seguirase con este programa de protestas que busca visibilizar o problema e demandar que “a xustiza sexa xusta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará