Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Monte da Peneda e Soutoxuste, primeira parada para coñecer o patrimonio cultural de Redondela

andainas

O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 18, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Peneda e Soutoxuste. A inscrición é gratuíta e debe realizarse na oficina de turismo, no teléfono 986400300 ou a través do enderezo turismo@redondela.gal.

A Peneda é unha das xoias arqueolóxicas do concello. Alí atopamos petróglifos, os restos do Castro e o Castelo de Castrizán ou a Ermida. Xurxo Constela será o encargado de achegar máis datos sobre o lugar e guiar aos participantes entre Soutoxuste e esta zona do Viso.

As próximas citas serán o 8 de Novembro cunha ruta polo Camiño de Santiago ao seu paso polo norte do Concello mentres que o 29 de novembro, os participantes coñecerán o Camiño ao seu paso polo sur do concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará