Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares piden o cambio de ubicación da feira de Redondela para evitar cortes de tráfico

RR_Noticias

A Avenida Mendiño acolle os días 6 e 21 de cada mes a feira de Redondela, que se pecha ao tráfico desde a súa reapertura tras o confinamento para facilitar unha maior distancia de seguridade entre os postos dos vendedores. O PP redondelán solicita un cambio de ubicación para evitar “o caos e colapso de tráfico” que prexudica especialmente aos veciños de Cesantes, obrigados a transitar polo estreito camiño de Zacande.

Carmen Amoedo, a voceira do grupo popular, recoñece que a feira “é un importante activo dentro da economía local”, e que tendo en conta as novas normas de seguridade respecto á Covid19 “os postos deben estar suficientemente distanciados” para garantir a seguridade tanto de feirantes e clientes. Con todo, rexeita que esas medidas de seguridade se implementen “a costa dun caos permanente de tráfico” os días 6 e 21 de cada mes, por mor do peche da Avda. Mendiño. A estrada, que dá acceso o Centro de Saude, instalacións deportivas, escolas, institutos e praias, é tamén a vía que comunica coa parte baixa de Cesantes. Amoedo demanda “medidas correctoras” para evitar este peche de circulación, e advirte que “os problemas incrementarase nas vindeiras semanas coa renudación da actividade escolar e deportiva nos centros da contorna”. Por iso solicitan á alcaldesa, Digna Rivas “que se cambie a ubicación dos postos da feira que se colocan na calzada da Avda. Mendiño a outra ubicación onde non interrumpan o tráfico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará