Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP redondelán rexeita o programa para maiores “Contaxiando responsabilidade”

RR_Noticias

O grupo municipal popular cualifica de “irresponsabilidade” a iniciativa posta en marcha polo Concello de Redondela. Trátase de formar a persoas maiores en materia de prevención ante a crise sanitaria da COVID-19. O PP local entende que se está a poñer “en primeira liña de risco de contaxio” á poboación maior.

A voceira do PP redondelán, Carmen Amoedo, solicita ao equipo de goberno “que deteña de inmediato esta campaña”, e que ofreza outro sistema para achegar esta información ás parroquias “onde non poña en risco a un colectivo que debe ser o máis protexido pola súa fraxilidade ante esta pandemia”. Esta demanda chega despois de que a alcaldesa, Digna Rivas, anunciase este programa pioneiro que busca “a concienciación en materia de prevención” e que contará con equipos conformados por persoas maiores que recibirán información sobre a Covid-19. Unha vez preparados en todo o que ten que ver cos aspectos sanitarios, sociais e preventivos serán eles os encargados de espallar esa información entre as súas amizades, amigos e familiares. O PP redondelán amósase “preocupado” por esta iniciativa que cualifican de “ocorrencia”, e sinalan que esta información debería estar a dala xa a Administración Local. O programa “Contaxiando responsabilidade presentouse no Centro Cultural de Cedeira e, posteriormente, o Concello ten previsto levalo núcleos rurais do municipio. Así formarase o primeiro Equipo de Maiores de Concienciación Cidadá (EMCC), quen recibirán explicacións polo miúdo da COVID-19 dende os aspectos sanitario, social, preventivo e de seguridade en clases curtas de entre 15 e 20 minutos, de xeito que sexan o máis amenas posible. Unha vez rematada a preparación, este grupo de maiores terá a labor de explicarlles o aprendido ás súas amizades, veciñanza e familiares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará