Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Castelo de Soutomaior perfílase como destino de turismo científico co selo europeo “Observer”

RR_Noticias

Tanto o castelo como os seus xardíns confírmanse como un destino seguro, tras reabrir as súas portas con todas as medidas de prevención e hixiene impostas polas autoridades sanitarias pola crise do coronavirus. Pero ademais este emblema histórico da bisbarra aspira a ser taménun destino de turismo científico. Os traballos de validación do distintivo “Observer” comezan hoxe coa visita dos ténicos deste prestixioso selo europeo.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte o castelo para supervisar todas as medidas de protección incluídas nos plans de continxencia que, “de forma exhaustiva, garanten a seguridade e tranquilidade de visitantes e do persoal do castelo”, sinalou. Indicou que seguen os traballos para que o castelo, que xa é destino Sicted, poida optar tamén ao distintivo Q de calidade. Ademais, tamén anunciou que o castelo camiña cara á obtención do selo “Observer”, a primeira certificación europea especializada na posta en valor dos espazos de turismo científico, que no caso de Soutomaior subliñaría os seus valores históricos e botánicos. Persoal técnico desta plataforma de Destinos de Ciencia Certificados comezan hoxe a avaliar este recinto de Soutomaior, que xa está acreditado como Xardín de Excelencia Internacional, con máis de 15.700 metros cadrados, con 175 especies arbóreas diferentes, algunhas delas con máis de oitocentos anos de antigüidade, sendo especialmente relevante a colección de máis de 300 exemplares de camelias, de 22 tipos distintos.
Medidas de seguridade
En canto á seguridade, na mesma entrada o persoal técnico do Castelo explica as medidas de hixiene e distanciamento que se teñen que cumprir durante a visita. Tamén neste espazo se toma a temperatura a todas as persoas que se achegan ao recinto. É obrigatorio o uso de mascarillas e o emprego de luvas xa que se trata dun museo interactivo. Ademais, para minimizar os riscos, á entrada do castelo, hai dispostas xa fontes de hidroxel que permiten desinfectar as mans. En canto ao percorrido das visitas mantense o habitual, con persoal de seguridade que se encarga de definir claramente a saída para evitar que haxa cruces entre as persoas. O que si varía é o aforo, limitado ao 50% o que supón aproximadamente a presenza de 160 persoas visitando simultaneamente o Castelo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará