Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Ilusión e responsabilidade” na continuidade de Gonzalo Fernández como técnico do C.D.Choco

RR_Noticias

O CD Choco continúa co proxecto en Terceira División con Gonzalo Fernández á fronte do equipo, e Óscar Pérez tamén repite como segundo adestrador. O club redondelán comeza a perfilar a súa oitava tempada consecutiva na Terceira División. “Gonza” afirma que é “doado” traballar neste club xa que conta sempre co apoio da directiva para facer a súa labor “con total confianza e liberdade”.

Logo da boa campaña no pasado curso no que equipo redondelán acadou o quinto posto e con opcións de meterse na fase de ascenso, o presidente da entidade, Iván Crespo, admite que a renovación foi unha decisión “doada de tomar” pola confianza entre as dúas partes, e recoñece ter “fe cega” no traballo do corpo técnico. O que si lamenta, tanto a directiva como o adestrador, é o final de liga “tan inesperado” no mes de marzo, por mor da crise da COVID-19, cando o Choco estaba “no seu mellor momento”. Unha mágoa, segundo “Gonza”, xa que nas 11 xornadas que restaban de liga, coa permanencia asegurada, tiñan “moito que gañar e nada que perder”. Aínda non se barallan datas para o comenzo do curso ligueiro, pero tanto Gonza como Óscar están a perfilar o plantel que na temporada 2020/21 defenderá a equipación vermella. Explica o míster que seguirán traballando “na mesma liña” xa que o patrón do equipo “está feito”. Unha das novidades do club para a próxima temporada é o ascenso do equipo xuvenil a División de Honra, a máxima categoría do fútbol estatal. Unha situación que beneficiará tamén ao equipo sénior, co que comparten adestramentos en moitas ocasións. No traballo de “Gonza” como técnico é habitual que aposte por xogadores novos, que poderían dar o salto a Terceira División.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará