Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira terá que agardar ao 2021

RR_Noticias

A crise do coronavirus puido cun dos torneos de fútbol sala máis antigos e emblemáticos da provincia. O club Redondela Fútbol Sala vén de confirmar que debido á situación de pandemia pola COVID-19 este ano non vai celebrar o Mundialito da Xunqueira en categoría senior.

A singulariedade e espectacularidade deste torneo de fútbol sala con vallas converte a Redondela cada verán na capital deste deporte na provincia, pola cantidade e calidade dos equipos que cada mes de xullo participan nesta cita. A edición 46º deste Mundialito terá que esperar ata o ano 2021, cando a directiva promete volver “con máis ilusión e forza ca nunca”. A directiva do club e o Concello de Redondela adoptan esta postura conxunta pensando na importancia que ten preservar a seguridade e saúde dos xogadores e espectadores.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará