Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lenda demanda a reapertura do seu centro ocupacional

RR_Noticias

O estado de alarma por mor da crise do coronavirus obrigou a pechar a mediados de marzo o centro ocupacional que a Asociación Lenda de Saúde Mental xestiona na rúa Reveriano Soutullo. A Xunta non permite a reapertura ata o mes de setembro, decisión que os centros ocupacionais e de maiores non comprenden. Na entidade advirten que “non é bo para os seus usuarios tanto tempo de parón” e que a situación afecta tamén negativamente aos coidadores que “levan case 3 meses cunha carga emoiconal e física importantes”.

Jaime Figueroa, voceiro da asociación, explica que o goberno galego xustifica o peche nos meses de xuño, xullo e agosto en “criterios técnicos”. O que demandan asociacións como Lenda, e outras dependentes da Consellería de Política Social, é coñecer en que se basea esa recomendación de peche, xa que non se lle remitiu ningún informe onde se explique “cales son eses criterios”.
Onde si manteñen a actividade desde a Asociación Lenda é no seu centro de rehabilitación, na rúa Prego de Montaos. Neste caso a actividade conta cun convenio co Sergas, dependente da Consellería de Sanidade. Atenden a 45 usuarios e nunca se deitivo a actividade malia o estado de alarma. Primeiro de xeito telefónico, e coa entrada na desescalada de maneira presencial, os profesionais do centro están en contacto permanente cos pacientes.
Desde o Concello de Redondela tamén esixen á Xunta a reapertura “urxente” dos centros de atención a persoas dependentes. Logo dunha reunión entre o goberno local e responsables de Centros de Día e da Asociación Lenda, a alcaldesa sinalaba que este peche ata setembro “agrava o estado físico e cognitivo destas persoas, e tamén o seu grao de dependencia”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará