Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O parque forestal da Freaza participa no programa de visitas guiadas “Bosques Terapeúticos”

RR_Noticias

Este enclave privilexiado de Fornelos de Montes é un dos cinco parques forestais escollidos pola Deputación de Pontevedra para participar nun programa de visitas guiadas. As persoas poderán darse “baños de bosque” e coñecer os elementos patrimoniais destas paisaxes.

“Bosques Terapéuticos” é un programa que nace para “conxugar natureza, exercicio, saúde, cultura e historia”, segundo explicou na presentación a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Durante este verán o ente provincial promoverá visitas guiadas interpretativas a cinco parques forestais. Ademais do da Freaza, en Fornelos, están tamén o da Picaraña (Ponteareas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e Costa de Oia e Serra da Groba (Oia). O programa “Bosques Terapéuticos” conxugará as visitas guiadas aos cinco parques forestais coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan, como xacementos arqueolóxicos, construcións tradicionais ou áreas recreativas. Trátase dun proxecto “novidoso en Galicia e en España”, sinala Silva, con tradición xa en países orientais ou do norte de Europa. As actividades realizaranse do 18 de xullo ao 27 de setembro, cun total de trinta visitas aos parques, seis a cada un, aptas para todos os públicos e cun total de 450 prazas, 15 en cada ruta polas restricións derivadas da COVID-19. Cada unha das rutas terá un tema central, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre o que xirará toda a actividade, que estará guiada por Isabel Fernández, experta en proxectos relacionados coa difusión e interpretación do patrimonio e o turismo sostible. Os parques elixidos forman parte do programa de recuperación e posta en valor destes espazos que financiou a institución provincial nos últimos anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará