Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP pide un protocolo de actuación para as Comisións de Festas parroquiais

RR_Noticias

Demandan do concello un protocolo de actuación ante a situación de incerteza na que viven as comisión por descoñecer se van poder celebrar as súas respectivas festas. Entende o Partido Popular que a concellería de cultura ten o deber de “manter contacto cos responsables das comisión e axudalos e guialo nestes momentos de desescalada”.

Explican os populares que “tendo en conta que o Concello de Redondela é o responsable de autorizar ou non ditas celebracións, ten a responsabilidade de actuar con tempo e sen improvisación ante este novo escenario co que temos que convivir este ano 2020” e que é o seu deber “buscar solucións e estudar como axudar a estas comisións conformadas por veciños das nosas parroquias que so buscan manter as nosas tradicións e que non deben cargar eles sós coa responsabilidade de analizar unha situación tan complicada”.
Neste sentido demandan “un protocolo de información e asesoramento ás Comisións de Festas e que se tomen medidas urxentes a través de reunións coas Asociacións organizadoras ou Comisións das distintas parroquias e desta maneira, facer posible o analise de se é posible a realización dos mencionados eventos de forma segura, baixo a Normativa implementada polas Autoridades Sanitarias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará