Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior soluciona o problema do transporte escolar ao instituto mantendo a parada de Pierres

RR_Noticias

A partir do vindeiro 8 de xaneiro o transporte escolar incluirase na liña xeral e o alumnado do instituto poderá facer uso dos autobuses que realizan a ruta a Pontesampaio e Pazos de Borbén. A decisión concretouse nunha reunión a tres bandas entre o Concello, Educación e Mobilidade. O problema do transporte escolar provocara as protestas de pais e nais que protagonizarna incluso algunhas mobilizacións para esixir que houbera unha liña de transporte dende o centro de Arcade ao Instituto.

O Concello de Soutomaior vén de anunciar o acordo alcanzado coa Xefatura de Educación da Xunta de Galicia e a Consellería de Mobilidade para solucionar o problema do transporte escolar no novo instituto de Arcade a partir do próximo 8 de xaneiro. A solución materializouse nun encontro entre o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, o director do centro, Modesto Campos, o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez, e o xefe territorial de Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luís Díez.
A solución adoptada pasa pola inclusión do transporte escolar do instituto dentro do transporte integrado que puxo en marcha a Xunta de Galicia o curso pasado e que promove a integración das rutas dos escolares dentro das de uso xeral.
Desta maneira, o traxecto de primeira hora da mañá cubrirase grazas a dous microbuses que realizan a ruta desde Pontesampaio, mentres que, para o regreso a casa, o autocar que cobre o traxecto entre Pontesampaio e Pazos de Borbén desdobrarase para atender aos estudantes do IES. Esta última liña, ao ter que coordinarse coas necesidades da súa ruta principal, atenderá aos alumnos dez minutos despois da hora de saída do centro.
“Este acordo vén confirmar o que xa expuxemos no seu día durante o pleno extraordinario de educación. Tal e como estaba a normativa, o transporte escolar normal non podería cubrir esa parada e que estabamos a buscar outra solución, e aquí está” explicou o alcalde de Soutomaior tras o encontro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará