Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Redondela poderán seguir usando o cartón Pass Vigo para viaxar no Vitrasa

RR_Noticias

A Xustiza avala que o cartón de desconto do transporte urbano de Vigo sexa universal mentres non se resolve o pleito co Concellos de Redondela. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidiu manter en suspenso a esixencia de estar empadroado en Vigo para obter a tarxeta, e rexeita así o recurso presentado polo Concello de Vigo.

Todos os usuarios dos autobuses urbanos de Vigo, os Vitrasa, poderán seguir utilizando os cartóns de desconto, a coñecida como Pass Vigo, sen importar o lugar no que estean empadroados. Os veciños de Chapela e toda a área obtiveron o respaldo da xustiza, que mantén esta medida cautelar mentres non se decida sobre a denuncia presentada polo Concello de Redondela sobre se o Concello de Vigo pode esixir aos usuarios que estean empadroados na cidade. A alcaldía de Abel Caballero recorrera contra esta medida cautelar, pero o TSXG rexeita a súa petición e mantén a suspensión provisional solicitada no seu día polo alcalde redondelán, Javier Bas. O TSXG valora que Redondela ten lexitimidade para reclamar esta medida cautelar “para defender o interese xeral dos seus veciños e en virtude dun acordo subscrito entre ambos os municipios en 1991 que regula a chegada de Vitrasa a Chapela”. Segundo explica o Tribunal, a Sección Segunda da Sala do Contencioso-administrativo destaca na súa resolución que “a vantaxe tarifaria da utilización do cartón como medio de pago é clara”. Ao limitar o uso da PassVigo aos veciños empadroados na cidade, “exclúese da posibilidade de obter o desconto aos non empadroados, que antes da entrada en funcionamento deste cartón gozaban de tarifa reducida co cartón verde”. O uso desta tarxeta supón unha importante redución no prezo do billete ordinario, que pasa de 1,35 euros a 0,89. Contra esta sentenza do TSXG cabe interpor recurso de casación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará