Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colectivo feminista Paxaretas critica o apoio do concello a fundación Red Madre

RR_Noticias

Amosan o seu malestar porque dende unha institución pública como é o Concello de Redondela “se promocione, a través de eventos culturais ou accións de calquera outra índole, a unha Fundacion ultradereitista, antiabortista e nacionalcatólica, como é Red Madre”. Unhas críticas que chegan en referencia ao concerto que a Concellería de Cultura organiza este  sábado e cuxa entrada consistirá na doazón de produtos infantís a favor da asociación Red Madre.

Aclaran dende Paxaretas que “como non podía ser doutro xeito defendemos a liberdade de credo, expresión e pensamento e entendemos que o noso alcalde así como compañeiros e compañeiras de partido, son libres de rexer a súa vida a partir dos seus principios; o que non imos aceptar é que, dende a institución municipal que nos representa a todas e todos, se faga política antiabortista”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará